A Xunta retoma as vacinacións este martes utilizando as 350 doses de reserva

O comité clínico non quere perder nin un só día no plan de inmunización
COVID
El Correo Gallego
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27/12/2020.- Fotografía cedida por la Xunta de la vacunación de Nieves Cabo, de 82 años, la primera gallega que recibe la vacuna conta el Covid, en la residencia Puerta del Camino, donde llegaron las 500 primeras vacunas contra el Covid 19 este domingo en Santiago de Compostela. EFE/Xunta/David Cabezón

O atraso na chegada da segunda remesa de vacinas Pfizer-BioNTech a España, con 18.000 unidades para Galicia, provocara que o Sergas reprogramase para este mércores a continuación da súa campaña de vacinación en residencias de maiores das sete áreas sanitarias. Agora, o comité clínico, reunido na tarde deste luns, avalou a decisión de retomar o plan este martes co obxectivo de non perder un só día no plan de vacinación fronte a COVID19. Deste xeito, empregaranse as doses que quedaron en reserva o domingo tras as inxeccións na residencia sociosanitaria ‘Porta do Camiño’. Son un total de 350 que se repartirán en sete centros:

FOGAR RESIDENCIAL BELLOLAR — Área Sanitaria A Coruña-Cee

RESIDENCIA DE MAIORES DE CARANZA-FERROL -Área Sanitaria Ferrol

RESIDENCIA DE MAIORES DE BURELA- Área Sanitaria Lugo, A Mariña e Monforte

VIVENDA COMUNITARIA RESIDENCIAL SAN MARCOS- Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco

FOGAR RESIDENCIAL SERVISENIOR VILAGARCÍA- Área Sanitaria Pontevedra e o Salnés

RESIDENCIA LOS ARCÁNGELES- Área Sanitaria Santiago e Barbanza

RESIDENCIA SANTA ANA- Área Sanitaria de Vigo

As vacinacións serán supervisadas polos xerentes das correspondentes áreas sanitarias.