Baixan a 563 os casos activos de covid en Galicia

Nas últimas 24 horas foron dadas de alta outras 30 persoas
Sanidade
EFE
Na imaxe, de hai uns días, aplauso a intensivistas na UCI do CHUS de Santiago.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 563, 6 menos que onte. Deles 132 son da área da Coruña, 37 da de Lugo, 51 da de Ourense, 16 da de Pontevedra, 195 da área de Vigo, 114 da de Santiago, e 18 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 26 están en unidades de hospitalización e 536 no domicilio. Polo de agora en Galicia hai un total de 10.178 persoas curadas, 30 máis, rexistrándose 618 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 148.150.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.