Busque aquí o seu concello para saber as restricións actuais

COVID
El Correo Gallego

A Xunta acordou endurecer as restricións vixentes para frear o avance do COVID nunha xornada na que Galicia superou o seu propio récord, con 1.074 novos contaxios en 24 horas. Segundo o presidente, Núñez Feijóo, a situación a día de hoxe é mellor que cando se tomaron medidas en novembro, “pero a progresión é peor que daquela. Vai ser unha loita titánica”. máxima prevención “vaise estender probablemente ata mediados de febreiro desde o venres, e estará comprendida entre os dous niveis máis altos de proteción”. En total, 60 concellos galegos, 33 de máis de 10.000 habitantes e 27 de menos de 10.000, terán as máximas restricións e quedarán illados individualmente.