Comesaña destaca los buenos datos pero pide “prudencia” porque hay que seguir bajando la presión hospitalaria

Comité clínico
El Correo Gallego
O conselleiro nunha rolda de prensa con Flores Arias e Carmen Durán

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou en rolda de prensa dos acordos adoptados na reunión do comité clínico deste martes. Estivo acompañado pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, e polo xerente do Sergas, José Flores Arias. O comité clínico, que fai seguimento da evolución da COVID en Galicia, vén de propoñer, na súa reunión deste martes, que os concellos que teñan o nivel de restricións máximas sexan os de Paradela, A Pobra de Brollón, Boborás, A Mezquita, Vilardevós e Pontecesures. No nivel alto de restricións quedarán os de Soutomaior, Ponte Caldelas, Vilanova de Arousa, Mos, Cambados, Guitiriz, Lourenzá, Chantada, Mugardos, Cariño, Arteixo, Miño e Sobrado. O resto dos municipios galegos quedan en nivel medio. Estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do venres día 12 de marzo.