Descenden a 258 os casos activos de covid en Galicia

Son 21 menos que na xornada de onte. Os pacientes hospitalizados suben a 6, dous máis
Coronavirus
El Correo Gallego
Xente paseando con mascarilla onte, polas rúas de Santiago. FERNANDO BLANCO

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 258, 21 menos que onte. Deles, 40 son da área da Coruña, 117 da de Lugo, 5 da de Ourense, 2 da de Pontevedra, 77 da área de Vigo, 13 da de Santiago, e 4 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 6 están en unidades de hospitalización, 2 máis, e 252 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.776 persoas curadas, 54 máis, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 197.451.