Galicia ampliará a 7 días o rastrexo de contactos cun positivo

O conselleiro de Sanidade reitera a súa precupación pola falta de ferramentas cando o 9 de maio se poña fin ao estado de alarma e aos peches perimetrais
Coronavirus
Olga Vilar
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, durante a rolda de prensa deste mércores en Santiago. XOÁN CRESPO

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, comparecerá a partir das 11.00 horas en rolda de prensa para detallar os acordos do comité clínico de onte. Na xuntanza foi acordado o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Vilanova de Arousa, Cualedro e Carballeda de Valdeorras.

Así mesmo, os expertos tamén determinaron o nivel alto de restricións nos concellos de Petín, Muíños, Verea, A Merca, Meira, O Grove, Ribadumia, Marín, Meaño, Meis, Ponteareas, Salceda de Caselas, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Cambre e Coristanco.

Ademais, as medidas do nivel medio rexerán nos termos municipais de Lobeira, Lobios, Verín, Cartelle, Xinzo de Limia, O Barco de Valdeorras, Trabada, Barreiros, Chantada, Cambados, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Poio, Cangas, Gondomar, Vigo, O Porriño, Nigrán, Tui, Rianxo, Mesía, Carnota, Carral, A Laracha, Betanzos, Carballo e Ares.

No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 30 de abril.