Galicia suma 308 novos positivos e os casos activos medran ata os 4.474

Soben os casos en tódalas áreas sanitarias, agás en Lugo // Hai que lamentar outros dous falecidos por covid // Aumentan en máis dunha trintena os hospitalizados, ata os 237, dos que 39 están en UCI
Coronavirus
El Correo Gallego
Un sanitario toma unha mostra de sangue para realizar un test. EFE

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade vén de facer pública a súa última actualización no tocante á incidencia do covid en Galicia. Dacordo cos datos, nas últimas 24 horas houbo que contabilizar 308 novos positivos, 5 menos que onte, mentres os casos activos son 4.474, 95 máis que o domingo. Deles, 766 son da área da Coruña, 21 máis, 460 da de Lugo, 2 menos, 1.512 da de Ourense, 30 máis, 511 da de Pontevedra, 4 máis, 467 da área de Vigo, 3 máis, 621 da de Santiago, 24 máis, e 137 da de Ferrol, 15 máis.

Do total de pacientes positivos, 39 están en UCI, 198 en unidades de hospitalización e 4.237 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 21.924 persoas curadas, 211 máis, rexistrándose 786 falecementos, 2 máis.

O número de PCR realizadas é de 553.544.

237 HOSPITALIZADOS

Os pacientes con COVID-19 ingresados en hospitais galegos subiron nun total de 31 nas últimas 24 horas, até situarse no total de 237. De todos eles, 39 atópanse en unidades de coidados intensivos (UCI) --catro máis-- e 4.237 están en seguimento domiciliario.

Segundo os últimos datos actualizados polas sete áreas sanitarias galegas, a de Ourense-Verín-O Barco, epicentro da pandemia en Galicia, conta este luns con 78 pacientes hospitalizados con coronavirus, 11 máis que un día atrás.

En concreto, o complexo hospitalario universitario da capital provincial (CHUO) conta con 65 enfermos de COVID-19: 55 en planta e 10 en UCI; mentres o centro médico El Carmen, tamén na cidade das Burgas, conta cun paciente en UCI. Pola súa banda, os hospitais comarcais de Verín e Valdeorras contan con 11 e un ingresados en planta, respectivamente.

Na área sanitaria da Coruña e Cee tamén subiron, a 50, os pacientes diagnosticados con coronavirus hospitalizados, seis máis. De todos eles, 47 están no Complexo Hospitalario Universitario (Chuac) --42 en planta e cinco en UCI--, mentres que o Hospital de Cee conta cun e o HM Modelo, con dous en unidade convencional.

En Santiago e Barbanza, ascenderon a 35 (+5) as persoas hospitalizadas por COVID, todas elas no Hospital Clínico da capital galega: 28 en planta e sete en UCI.

En canto a Vigo, subiron en catro, até 25, os pacientes con coronavirus ingresados. Deles, 20 están no Hospital Álvaro Cunqueiro --cinco na UCI--, catro en Povisa e un na unidade de críticos do Vithas Fátima.

Mentres tanto, a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés conta con 17 hospitalizados con COVID-19, tres máis que 24 horas atrás. O CHOP acumula 15 --10 en planta e cinco en UCI--, mentres que o Hospital do Salnés segue con dous pacientes en planta.

Pola súa banda, a área de Lugo, A Mariña e Monforte volveu crecer en dous o número de ingresados, até os 29: 25 no Hospital Lucus Augusti (HULA) --cinco na UCI--, dous no Hospital de Monforte, un no da Mariña e outro no Polusa.

Finalmente, na área de Ferrol hai tan só tres pacientes de COVID-19 hospitalizados, os mesmos que o domingo, todos eles en planta no Complexo Hospitalario Universitario da cidade (CHUF).