O comité clínico mantén as restricións en Santiago e o resto de cidades galegas

O concello de Rianxo pasa ao nivel máximo // Este martes a Consellería de Sanidade informará da actualización de medidas do Plan de Nadal para Galicia
COVID
El Correo Gallego
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no centro, cos conselleiros de Sanidade, García Comesaña, e Fabiola García, na xuntanza do Comité clínico, este luns

O coimité clínico da Consellería de Sanidade que fai seguimento da evolución da COVID en Galicia acordou na tarde-noite deste luns manter as restricións nas sete grandes cidades galegas e pasar ao concello de Rianxo ao nivel máximo. Así mesmo, dediciu suavizar as medidas restritivas nos concellos de Muxía, Meis, Ribadumia, Cerdedo-Cotobade, Pontecaldelas e Vilaboa que pasarán ao nivel básico de restricións, co que se suprimirá a limitación de mobilidade. Igualmente, o comité clínico acordou que o concello de Moaña, descenda ao nivel medio de restricións. Ademais, os concellos de Vilalba, Tui e Ponteareas baixan ao nivel medio alto de restricións.

Tras analizar a evolución epidemiolóxica no conxunto de concellos galegos, o comité clínico cre oportuno manter unha vixilancia especial en Verín e implementala nos concellos de Aranga, Noia, Porto do Son, Vilagarcía de Arousa, Viveiro, Burela, Dozón, Vedra, Muros e Xinzo de Limia. Todas estas medidas publicaranse no Diario Oficial de Galicia de mañá martes e entrarán en vigor ás 00:00 horas do mércores.

Sanidade lembra a obrigatoriedade de cumprir todas as medidas establecidas pola Xunta Galicia, co ánimo de mellorar a situación epidemiolóxica na comunidade e así poder ir diminuíndo as restricións vixentes. Este martes a Consellería de Sanidade informará da actualización de medidas do Plan de Nadal para Galicia.