Teresa Ribera sitúa en xullo a volta do turismo estranxeiro

Advirte a ministra que sería irresponsable unha prematura apertura masiva
Mateo Garrido
O FUTURO DO TURISMO. A ministra Teresa Ribero durante unha comparecencia pública antes da pandemia. Foto: EFE

“Temos que ir con moito coidado sobre como a persoa que vén non corre risco, porque chega a un destino seguro, e ao mesmo tempo non supón un risco para a poboación local. (...) A nosa idea é que podamos traballar sobre orixes e destinos seguros máis ben pensando no mes de xullo que no de xuño”, sostivo a vicepresidenta cuarta do Goberno e responsable da desescalada, Teresa Ribera, quen advertiu ademais, que a chegada de turismo extranxeiro “probablemente veña acompasada co resto do proceso de desescalada”.

Ribera sostén a precabida tese do Executivo, observando a evolución da pandemia a nivel global. Xa que os rebrotes que xa sufriron países como China, Corea do Sur ou Singapur “estiveron asociados á importación de casos” do exterior. “Iso non o queremos para a nosa poboación. Os datos que son extraordinarios nas illas Canarias, Ba- leares ou Andalucía ofrécennos seguridade hoxe, cando non hai mobilidade entre provincias, cando non veñen persoas que puidesen estar potencialmente contaxiadas. Se se abre masivamente xa, incorreríamos nunha irresponsabilidade”, advertiu.

A vicepresidente cuarta incidiu tamén na necesidade de completar a desescalada co estado de alarma en vigor e descartou que o Executivo se plantexe o contrario.

Por outra banda, Ribera confía en que o esforzo que están a facer “todos os territorios” se traduza nunha “ rapidísima recuperación”, aínda que lembrou que aínda hai risco de que haxa un rebrote e unha regresión das medidas do confinamento.

Sen vacina non se pode “cantar vitoria”, pero afianzando as pautas correctas e con capacidade de resposta eficaz, apuntou, poderase “recuperar unha ampla medida da nosa normalidade, da nosa vida cotiá”, aínda que con cambios de comportamento social.

Preguntada pola posibilidade de que se acurten os prazos de 14 días para cambiar de fase, contestou que sería “ousado contestar esa pregunta de maneira tallante”, aínda que “en principio” o Goberno considera que é moi importante mantelos.

“Se todo segue indo ben, se todos os esquemas de detección temperá seguen fortalecéndose poderémonos mover nun escenario moito máis optimista do que manexabamos nun primeiro momento, pero por agora convén seguir sendo cautos”, precisou a ministra en relación ao impacto do vitus..