Esgotadas as prazas para a ruta en Brañas de Xestoso

Alba Prada
Brañas do Xesteso, en Silleda. Foto: turismo.gal

A Estrada. O programa de rutas ornitolóxicas Voando nas Rías Baixas, que a Deputación Provincial de Pontevedra desenvolve en colaboración con SEO Birdlife, segue a ter unha gran acollida, xa que as prazas para o cuarto dos paseos, que se desenvolverá o vindeiro domingo 30 de agosto, xa están esgotadas, cunha lista de agarda de vinte persoas.

Esta nova ruta permitirá aos participantes coñecer a riqueza ornitolóxica e paisaxística das Brañas de Xestoso, que se estenden polos concellos de Silleda, Forcarei e A Estrada. Este espazo foi declarado Zona de Especial Conservación e está protexido pola Rede Natura 2000. Alberga valiosos ecosistemas, como por exemplo brañas, prados húmidos ou matogueiras. A.P.