Esixen protocolos e datas para as actividades locais

Municipios
Marcos Manteiga
Un concilia durante o Entroido nun concello de Área. Autor C.A.

Xallas. Alcaldes dun grupo de concellos das distintas comarcas de Área, como Santa Comba, A Baña, Zas, Mazaricos, Negreira, Val do Dubra, Vimianzo ou Camariñas, van solicitar da Xunta de Galicia información precisa para poñer en marcha os seus concilia e actividades culturais e deportivas ante a falta de normas e datas de cara a reanudar os programas.

Así, e logo de analizar a situación na que se atopan as administracions locais, e vista a publicación do Ministerio de Sanidade da Orde SND/458/2020 de 30 de maio, publicada no BOE do 30 de maio, na que non se establecen protocolos de actuacións e remiten a competencia á comunidade autónoma respectiva, a intención dos rexedores e munícipes pasa por pedir do Executivo galego “información de se se van a poder realizar programas de conciliación laboral e familiar así como campamentos deportivos e/ou culturais”.

Entre os datos que piden están, entre outros, os protocolos de actuacións, ratios, tratamento dos nenos con necesidades especiais. m.m.