Estenderán cara o San Martiño a feira da Milagrosa

José M. Ramos
Hoxe celebrarase o mercado na Praza do Concello. Foto: C.C.

CARBALLO O domingo volven as feiras ao barrio da Milagrosa e, para poder acomodar os 150 postos coas medidas de distanciamento precisas, o Concello decidiu estender o recinto feiral cara o San Martiño, propiciando así unha zona de paseo cara a Praza do Concello.