Frades denuncia actos de vandalismo en varias instalacións públicas

Alba Prada
Un dos critais rotos

FRADES. O Concello de Frades vén de presentar unha denuncia ante a Garda Civil polos actos vandálicos acaecidos a pasada fin de semana en varias instalacións públicas do municipio. Segundo explican dende o goberno local, rompéronse cristais no campo de fútbol de Abellá e no consultorio médico

desta mesma parroquia, e houbo varias desfeitas na área recreativa de Aiazo. O rexedor de Frades, Roberto Rey, lamenta o sucedido, e incide na necesidade de que “estes actos non se volvan producir, posto que as instalacións atacadas pertencen a toda a veciñanza, polo que ao final só se ocasionan gastos públicos”. Así mesmo, Roberto Rey solicitou a colaboración cidadá para atopar aos responsables destes feitos. Non son casos illados. Xa no pasado mes de xuño se produciron desfeitas na contorna doutras instalacións fradenses. A. P.