Guadi Galego pechará o ciclo Paisaxes Sonoras hoxe en Castiñeiras

Concierto
Suso Souto
A artista Guadi Galego.

BOIRO. A artista galega Guadi Galego (Premio Martín Códax da Música á mellor artista na categoría de Canción de Autor) pechará hoxe en Ribeira o ciclo Paisaxes Sonoras cun concerto a carón da antiga fábrica de Salazón de Castiñeiras. A cita dará comezo as oito da tarde, aínda que as portas estarán abertas ás sete. Todas as entradas están esgotadas. A antiga fábrica de salazón está datada a principios do século XIX e enmarcada dentro da área de esparcemento de Punta do Castro. Enclavada en zona de dominio público marítimo-terrestre, preside a praia do Castro e ofrece unhas vistas privilexiadas á entrada da ría e á illa de Sálvora. Guadi Galego presentará o seu novo disco, Immersión, unha relectura musical e lingüística das súas obras máis recentes. O citado ciclo estivo organizado pola Mancomunidade Barbanza-Arousa. S. S.