Izada a bandeira azul en Caión

José M. Ramos
Socorristas, ediles e o alcalde larachés coa bandeira azul que ondea desde onte no areal de Caión. Foto: C. Laracha

A LARACHA. Desde onte volve a ondear a bandeira azul na praia de Caión, despois de que unha ampla representación do goberno local, encabezada polo alcalde, José Manuel López, realizase o primeiro izado xunto aos membros do equipo de salvamento e socorrismo que vela pola seguridade.