Máis vixilancia en Muxía na fin de semana que ía acoller a festa da Barca

Contagios
José M. Ramos
Romeiros seguindo a misa solemne na honra da Virxe da Barca o pasado ano

COSTA DA MORTE. O Concello de Muxía intensificará a vixilancia durante esta fin de semana, na que se ía celebrar a romaría da Virxe da Barca. Desde o goberno local organizarase un dispositivo especial para evitar o incumprimento das normas. “A situación no noso municipio é óptima, pero non por iso podemos permitirnos baixar a garda. Como responsables públicos é o noso obxectivo velar pola seguridade e pola saúde das novas veciñas e veciños”, apunta o alcalde, Iago Toba. Con tal fin, aumentarán os operativos da Garda Civil, e a Policía Local cubrirá toda a área do municipio nun horario ampliado. O rexedor lembra a importancia de cumprir as normas, e sinala que “non é exclusivo de ninguén, e por iso tampouco haberá manga ancha tanto para locais como para particulares”. Confía en que todos os muxiáns cumpran co establecido. M. R. l.