Mellora das rúas Canido e Boa Vista de Malpica

José M. Ramos
Estado do pavimento da avenida de Canido. Foto: C. Malpica

BERGANTIÑOS. O Concello de Malpica renovará a capa de rodadura e a sinalización horizontal da avenida Canido e da rúa Boa Vista para mellorar a seguridade de peóns e conductores. Os traballos terán un custe aproximado de 39.735 euros, segundo sinala o alcalde, Walter Pardo.