|| cousas do demo ||

Poñer as mascarillas é cousa de saúde, pero tamén de respecto aos demais

Víctor Furelos
Cotiá imaxe da casa do concello de Teo sen as súas bandeiras oficiais. Foto: P.T.

Despois de moito tempo sen saír de Santiago, tiven que ir o domingo pasado a Padrón para ver como despertaba o mercadillo da vila de Rosalía.

Levei unha agradable sorpresa en canto a que había xente dabondo como para dar vida as rúas padronesas e axudar a despertar ós seus comercios.

A xente da aldea que se achegou ó Souto para vender ás súas froitas ou as súas verduras recibían as visitas de clientes con bastante normalidade; os pasodobles do posto que vende CD sonaban con forza; os pulpeiros chamaban pola xente para ocupar as súas mesas; o Espolón amosaba unha comodidade nunca vista para os que decidiron acudir o domingo a facer algún tipo de compar ou simplemente a curiosear...

Pero entre tanta normalidade houbo dúas cousas que chirriaron. Unha xa é habitual. A plaza de Padrón precisa dunha reforma integral. A zona dedicada ó peixe invita a calqueira cousa menos a mercar. É necesario que os responsables do mercado visiten outras instalacións para comprobar como a padronesa é das peores de toda a comarca. Non se entende como ca afluencia de público que ten cada domingo, ninguén se empeñe en facer unha rehabilitación necesaria e que de seguro que impulsaría as ventas.

Son amante dos mercados e cando viaxo sempre visito algún. E máis cando recibo na casa a algún amigo ou coñecido de fora nunca falta un percorrido pola plaza de abastos santiaguesa. Case sempre é un acerto porque os que veñen de fóra quedan sorprendidos pola calidade dos nosos produtos, a frescura do que se ofrece ós usuarios, a profesionalidade dos placeiros e, moitas veces, polos precios.

A eses visitantes os levo a algunha vila cercana para que coñezan Galicia, e máis dunha vez achégome con eles a Padrón. Pasean polo Espolón, entran na igrexa de Santiago, toman un viño, e máis de un proba o pulpo ou unhas xoubas. O que nunca se me ocurriría e levalos a ver a plaza de Padrón. Sería como esnaquizar a visita.

O outro detalle que non me pasou desapercibido foi que algunhas das persoas que se achegaron ó mercadillo non usaban mascarilla. Eu tamén a evito cando as condicións o permiten, pero desta volta non era o caso.

Nun mercadillo é imposible gardar a distancia de metro e medio, o que supón estar en contacto con xente que non sabes de donde ven nin de donde é.

O uso da mascarilla é unha obriga. Primeiro para non contaxiar ós demáis en caso de estar enfermo, o que pode ser interpretado como unha proba de xenerosidade. Aínda que sexa molesta hai que pensar nas persoas que tes enfrente. E tamén é preciso vestir a mascarilla para evitar ser contaxiado.

Non é egoismo, é precaución. Porque se alguén resulta afectado polo coronavirus o que vai facer é levar a enfermidade a casa. O ideal para contaxiar á familia.

Por iso non entendo tanta inconsciencia. Xa todos sabemos que son molestas e que se fai calor aínda estorban máis. Pero é unha cuestión de saúde e de precaución. Xa vemos o que pasa en Ribeira e A Pobra con ese leve rebrote. Pode costar moi caro.

E onde estaban as autoridades? Porque o que non é de recibo é que os vendedores teñan que enfrentarse ós clientes para charmarlle a atención pola súa irresponsabilidade. A cousa é seria. Morreu xente e hai un amplo espectro da poboación situada nesa zona que se chama de risco. ¿E a ninguén lle importa que un grupo de persoas, máis grande do que se podía pensar, teñan como norma un pasotismo que pon en perigo a centos de persoas un domingo pola mañá en Padron?

Precisase máis man dura porque semella que o único que se entende á primeira son as multas. E despois aínda din que somos o animal máis intelixente. ¡Menuda carallada!