Ponte Ledesma recolle firmas para que reabran a oficina de Abanca

Alba Prada
Imaxe dunha das oficinas de Abanca

BOQUEIXÓN. A asociación veciñal de Ponte Ledesma está organizando unha recollida de firmas para evitar o peche da oficina de Abanca da parroquia. Explican que hai tempo que quixeron cerrala e agora, debido á pandemia do covid-19, leva pechada dende o estado de alarma e temen que, a pesar de que hai carteles informando de que é algo temporal, sexa definitivo. O principal problema é que terían que desprazarse ata Lestedo, que está a 18 quilómetros de Ponte Ledesma, e ademais non existe liña de autobús. “Hai que ter en conta que os maiores non teñen banca electrónica e tampouco tarxeta, pois pagan todo en efectivo, e acuden dúas ou tres veces ao mes ao banco”, subliñan dende a asociación. Todos os veciños están moi indignados e agardan que a recollida de firmas sirva para que reabran a oficina canto antes. A.PRADA