Ponte Ledesma xa conta cunha senda peonil

Alba Prada
Senda refuxio que se instalou na senda peonil da contorna de Ponte Ledesma. Foto: Xunta

BOQUEIXÓN. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de construción dunha senda peonil na estrada AC-960, na contorna do núcleo de Ponte Ledesma, no municipio boqueixanés. O obxectivo dos traballos é mellorar a mobilidade dos veciños e a seguridade viaria. Esta actuación, que supuxo un investimento autonómico de máis de 48.000 euros, foi executada pola empresa Martínez Montes e Hijos, S.L. Os labores consistiron na execución dun itinerario peonil de 300 metros de lonxitude na marxe dereita desta estrada de titularidade autonómica, entre os puntos quilométricos

15+970 e 16+270, dotándoa dunha zona peonil independente do tráfico rodado. Ten unha anchura de 1,80 metros e na intervención incluise o acondicionamento dunha parada de autobús e a instalación dun novo refuxio. Tamén se construiu unha nova condución de pluviais, cos seus correspondentes pozos de rexistro, sinalan dende a Xunta.