Ribeira terá un renovado portal web con técnicas punteiras sobre xestión

Tecnología
Suso Souto
Captura de pantalla dunha fermosa vista aérea da duna de Corrubedo na actual páxina web municipal. Foto: C. de R.

RIBEIRA. Cinco empresas presentaron ofertas ó concurso convocado polo Concello de Ribeira para o deseño, desenvolvemento e implementación dun novo portal web municipal. Búscase mellorar a proximidade e relación coa cidadanía (optimizando a experiencia de usuario coa institución) e, por outra, modernizar o seu estilo e imaxe, empregando así mesmo as técnicas máis punteiras de xestión para facela máis dinámica, viva e intuitiva por 18.000 €. Os servizos que se pretende contratar son: desenvolvemento e posta en marcha dunha plataforma de xestión de portais e contidos para o Concello; reforma de deseño e arquitectura de información das web ribeira.gal e turismo.ribeira.gal; migración dos contidos á nova plataforma; posta en marcha do portal e garantía de soporte durante un ano; aloxamento cloud; e formación. A plataforma incorporará un sistema de noticias na páxina principal, cas funcionalidades necesarias para a elaboración periódica dun boletín electrónico ó que os usuarios poidan subscribirse para recibilo por email. Respecto ó sistema de xestión de contidos, debe estar baseado en arquitectura Opensource actualizada e deberá ser totalmente configurable a base dunha arquitectura modular escalable. s. souto