SEA insiste en que é a Xunta quen debe facer o enlace ao polígono de Vimianzo

José M. Ramos
Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico

Vimianzo. Suelo Empresarial del Atlántico (SEA) remitiu unha carta á Consellería de Infraestruturas para “clarificar a competencia autonómica da autovía da Costa da Morte e das súas ampliacións e enlaces” e, engaden que “ninguén dubida da conveniencia da conexión do polígono de Vimianzo coa AG-55”. Aseguran ademais que “existe abundante xurisprudencia” que reforza a posición de SEA”. En canto ao convenio proposto pola Xunta, sinalan que “creba o principio de legalidade” xa que “supoñería o pago por parte da sociedade estatal dun enlace que seguirá sendo de titularidade autonómica”.