Vimianzo axuda con 9.000 € a que suba a natalidade

Demografía
Suso Souto
Panorámica do litoral de Vimianzo.

Vimianzo. O Concello de Vimianzo convoca unha liña de axudas por nacemento, adopción e acollida para as familias. As solicitudes presentaranse no rexistro municipal, establecéndose un prazo exepcional para os rapaces nados entre o 1 de outubro de 2019 e o 31 de maio de 2020, ambos inclusive. Os beneficiarios serán os pais, nais e /ou tutores legales de nenos nacidos, adoptados ou acollidos polas familias vimiancesas durante o período que abrangue desde o 1 de outubro de 2019 ao 31 de decembro de 2020, e o importe total de toda a convocatoria, para sufragar os gastos derivados da chegada do rapaz, ascecenden a 9.000 euros. c.g.