Axudas para proxectos de investigación que difundan os valores da Ruta Xacobea

Camino de Santiago
El Correo Gallego

CULTURA. A Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e das Peregrinacións, impulsada conxuntamente pola Xunta, a Catedral e a Universidade de Santiago, vén de abrir o prazo de axudas para proxectos de investigación que promovan e difundan os valores da Ruta Xacobea. Convócanse en réxime de concorrencia competitiva para un total de tres proxectos de investigación asociados á Cátedra. Terán un financiamento máximo de 2.000 euros cada un e deberán executarse entre o 1 de setembro e o 30 de novembro deste ano. Poderán solicitar estas axudas os doutorandos, investigadores e profesores universitarios tanto nacionais como estranxeiros que desenvolvan a súa actividade investigadora en beneficio dos ámbitos da Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións. redac.