Charla sobre corazón e deporte co doutor González Juanatey

Multiusos Fontes do Sar - C.D. Santa Isabel faralle preguntas de saúde e actividade desportiva ao xefe de Cardioloxía e UCC do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela
Saúde
El Correo Gallego

Sabes como é o corazón dunha persoa sedentaria? Sóache que é a elasticidade cardíaca? Coñeces ben cales son os grandes inimigos do corazón? Son preguntas que fan desde Multiusos Fontes do Sar - C.D. Santa Isabel e que lle trasladarán a vindeira semana ao doutor González Juanatey, xefe de Cardioloxía e UCC do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Tamén lle farán outras que propoán os e as internautas. Ademáis, con esta entrevista inaugurarán un novo portal multisaúde no que incorporarán vídeos con charlas de interese sobre o exercicio físico e a saúde.