Literatura e compromiso na visita de Manuel Rivas ao instituto de Sar

Redacción
O escritor Manuel Rivas con profesorado e alumnado do IES de Sar. Foto: Fernando Blanco

Os alumnos de Bacharelato do instituto de Sar recibiron hoxe a visita dun dos escritores máis importantes de Galicia, Manuel Rivas. Ademais de falarlles sobre o seu último libro, Zona a defender, e sobre como comezou a escribir, quixo trasladarlles a importancia de ter un espírito crítico sobre o que ocorre ao seu arredor. Neste senso, trasladou a importancia do compromiso e a mobilización social. Os alumnos interesáronse particularmente polo relevancia que el lle deu na súa vida á loita ecoloxista.

Tal e como explicou o profesor coordinador da charla, Baldo Ramos, con ela pretendeuse achegar a cultura galega aos alumnos, así como recuperar as actividades presenciais tan escasas desde o comezo da pandemia. Por iso, aproveitou para agradecer ao escritor a súa presenza.