O pavillón de Vite, en mínimos

Borja Verea e o Club de Hockey Raxoi alertan de humidades, desprendementos, e mala organización neste polideportivo
Deporte
Andrea barreiroSantiago
Visita de Borja Verea ao polideportivo de Vite. Foto: ECG

O pavillón deportivo de Vite acolle horas de adestramento e partidos, cada día, dos tres clubes de hockey da cidade, pero se atopa lonxe de estar nas súas mellores condicións. Neste caso as instalacións presentan deficiencias e escaseza de mantemento por parte do Concello de Santiago, según denunciou o presidente do Hockey Club Raxoi, Arturo Pereiro este venres, durante a visita de Borja Verea, presidente dos populares composteláns e deputado autonómico, quen acudiu ás instalacións do pavillón deportivo do barrio.

Na visita, puido constatarse a urxencia dunha intervención que solvente as graves deficiencias do pavillón de Vite, en mal estado desde hai varios anos. Así entre outros defectos, os días de choiva caen pingueiras que, xunto coa humidade, inutilizan a pista e provocan desprendementos no revestimento das paredes. Ademáis, o illamento do teito estase a desprender e a caldeira da auga, con frecuencia, non funciona. Tamén ven necesario reacondicionar os vestiarios para adaptalos aos xogos mixtos.

Na mesma liña, Borja Verea destacou que “o pavillón de Vite está sendo utilizado polos tres clubes de hockey da cidade pero está nun estado inxustificable, ademais de que xa se queda pequeno para as horas de adestramento e partidos”, concluíndo que “o concello non está respondendo ás necesidades dos equipos da cidade, nin as instalacións que ofrecen son suficientes, nin teñen un mantemento mínimo”.

santiago@elcorreogallego.es