A segunda temporada da trama de CTV para TVG xa está no top 10 de Netflix en España

Luís Planas
TELEVISIÓN. Parte dos actores da exitosa serie galega ‘O sabor das margaridas’. Foto: G.

A segunda temporada da serie de CTV para a TVG O sabor das margaridas estreouse o venres pasado en Netflix e, 48 horas despois, a ficción figura xa no ranking das 10 series máis vistas da plataforma en España, A Arxentina, Grecia, Romanía e O Uruguai, entre outros países.

Estreada na Televisión de Galicia no mes de marzo do ano pasado, a segunda quenda de capítulos chegou esta Semana Santa ao xigante de streaming con algúns meses de atraso respecto á data inicialmente prevista, debido aos desaxustes provocados pola pandemia. Pero a súa estrea vai camiño de seguir o éxito internacional da primeira temporada, xa que foi a primeira produción en galego da plataforma e se situou axiña entre as ficcións más seguidas en lingua non inglesa dentro do Top 10 do Reino Unido e Irlanda. Coproducida por TVG, CTV e Comarex, O sabor das margaridas é un thriller policial con ADN galego. Comezou a ser emitida en Televisión de Galicia en 2018 e en Netflix en 2019. Na segunda temporada, composta por seis capítulos de 70 minutos de duración.

Dirixida por Álex Sampayo, conta on guión orixinal de Ghaleb Jaber Martínez, Eligio Montero e Raquel Arias. O elenco fórmano actores de renome en Galicia, outros que son revelación a nivel nacional e outros emerxentes de ámbito internacional. María Mera, Santi Prego, a actriz arxentina Noelia Castaño, ademais de Rebeca Stones, Sara Sanz e David Seijo, son algúns deles. A ficción, que foi gravada entre Lugo, Santiago e outras localizacións galegas, ten un marcado carácter policial e un contexto misterioso.