‘Cos pés na terra’ acompaña hoxe a un labrego e a un axente medioambiential

Os espectadores tamén coñecerán un proxecto equino orientado á doma natural do cabalo
El Correo Gallego

Santiago. Cos pés na terra acompañará hoxe a Emilio, un axente medio ambiental co que o equipo do espazo da TVG patrullará os montes ao tempo que coñece polo miúdo o seu traballo.

O programa ten hoxe outra cita con Felipe, un labrego a toda máquina que decidiu apostar por cultivos de toda a vida, pero tamén outros máis exóticos, como a ensalada asiática.

Ademais, Cos pés na terra visitará a Marisé, Vanesa e Aldara no seu proxecto equino orientado á doma natural, un xeito de entender o trato aos cabalos desde o máximo respecto.

‘A REVISTA’. O magazine A revista conectará en directo con Nedea Fernández, na coordinación de vacinación do CHUS, para coñecer os horarios dos puntos de vacinación contra a covid-19, que hoxe comezan a aplicarse nos principais hospitais públicos galegos.

O coronavirus seguirá sendo o tema protagonista en A revista, xa que, en conversa co inmunólogo José Gómez Rial, falarase sobre o posible regreso do uso de máscaras en interiores ante o incremento de contaxios tras a Semana Santa.

Pola súa parte, a presentadora Loly Gómez recibirá no estudio a Carlos Debasa, presidente da Asociación Galega de Inmobiliarias (Agalín), con quen abordará o grande aumento de vivendas vacacionais fronte á baixa dispoñibilidade de pisos de alugueiro, en cidades coma Santiago e Vigo, onde a oferta dos pisos turísticos é moi superior aos de alugueiro tradicional.

Na mesa de sucesos dos luns, a xornalista Patricia Abet e o avogado Alejandro Vega esmiuzarán algunhas das novas destacadas neste eido da actualidade. Por último, o espazo falará con Isabel Blanco, presentadora de Desexo concedido, novo programa da TVG para o domingo á tarde, que buscará cada semana facer realidade as ilusións dos galegos. ECG