Antonio Garrido tamén é parte dos convidados de hoxe na TVG no programa de Roberto Vilar

Luís Planas
humor Antonio Garrido, esq., e Goyo Jiménez nun montaxe do primeiro ‘Land Rober!’

Este xoves, Land Rober arranca o ano coa visita do humorista Goyo Jiménez. e o actor Antonio Garrido, parte nesta noite deste formato que Roberto Vilar dirixe cada xoxes na franxa do prime time da Televisión de Galicia (TVG). Este espazo semanal acada bos datos de audiencia cada semana na grella da canle pública galega cunha mistura de entrevistas, humor e tamén chiscos de música e concursos.

Grabado en Teo nas instalacións de CTV, Land Rober ten falado xa neste curso 2020-2021 con Berto Romero, Fernando Vázquez, Luis Zahera, Omar Montes, Carmen Lomana, Josemi Rodríguez Sieiro, Antonio Garrido, Lucía Veiga... Hai semanas, este formato tivo unha salientable audiencia dun 15,8% de cota de pantalla logo de ter un seguimento de 121.000 espectadores, cifras que están por riba da media da canle.

Por outra banda, tamén hoxe pero na TVG2, O programa Zigzag Recibe esta tarde a visita do artista compostelán Olmo Blanco, que ten unha exposición na Galería Metro de Santiago. Parking é unha mostra híbrida en que as barreiras entre a arte e a artesanía converxen para volver a súa ollada cara a unha sociedade dominada pola dixitalización e a industrialización.

O espazo da G2 tamén se achegará á Sala Alterarte de Ourense, onde se poden ver as últimas creacións artísticas de Iván Prieto. En Humano, o artista barquense amosa 13 pezas de cerámica coas que reflexiona sobre o ser humano e as súas emocións. O escultor somérxese na fraxilidade humana e exalta a diferenza, cunha homenaxe á beleza residente na rareza.