Un xénero que non ten tempo: fábulas e a esperanza

Blanca Ana Roig

Desde Esopo, e sen esquecer o noso Amador Montenegro Saavedra, as fábulas deron conta, a partir da voz dos animais, de situacións sociais do momento da súa creación, estendidas no tempo polas reflexións que comportan. Sen deixar que perdan as súas características, Gonzalo Navaza (Lalín, 1957), nos derradeiros meses do ano 2020 publicou Fábulas contadas en Edicións Xerais de Galicia na colección Sopa de Libros.

Como destaca Antonio Reigosa no limiar A república das fábulas, as fábulas en galego que se acollen neste precioso libro, avivan a esperanza humana, “exaltan a natureza, combaten a prepotencia, o medo estéril e a forza bruta, eloxian a intelixencia e a vida” como o fixeron, con espírito crítico, desde os tempos máis remotos. As ilustracións de Orelí Pello (Brest, 1986) dan conta dos animais protagonistas e fanno con gran mestría de trazos e contido transmitindo a esencia nunha soa imaxe.

blanca.roig@usc.es