VII edición do Fisterra Blues Experience
O mellor do xénero, galego e internacional, o 30 de xuño, 1 e 2 de xullo na fin do mundo
![Adrian Costa no Fisterra Blues Experience 2022](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/c844eca1-1a0c-49b0-b7cd-6efacdfa2e9d_16-9-discover-aspect-ratio_default_0.jpg)
Adrian Costa no Fisterra Blues Experience 2022 / FBE
B.C.
A fin de semana de final de xuño e comezos de xullo celébrase a 7ª edición do Fisterra Blues Experience, cun cartel de recoñecidos nomes do blues, xunto a outros xéneros musicais, e un amplo abano de actividades que transformarán distintos espazos da localidade ao longo da fin de semana.
Entre as primeiras confirmacións, a do compostelán residente en Berlín, Marcos Coll, que presenta o seu novo proxecto Nómade en colaboración co guitarrista alemán Stef Rosen, o trío gaditano La Perra Blanco, o mestre da guitarra slide, o estadounidense Luke Winslow-King, o bluesman de Santiago Adrián Costa, a banda Mollo Mantra e o mellor soul de toda Francia da man de Alexis Evans. Roteiros, talleres, xogos tradicionais, futbolín, espectáculos de humor e poesía, DJs e un Mercado de Artesanía e Deseño completan a programación deste 2023.
Este evento convértese así nunha forma de encontro coa arte, con actividades fronte á Praia Langosteira, en localizacións como a Rúa dá Foliada ou o Parque de San Roque, finalizando no Faro de Fisterra. A oportunidade perfecta para achegar ao público experiencias únicas e inspiradoras, investigando as posibilidades que ofrece o territorio e a natureza do lugar desde unha perspectiva sostible e comunitaria.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- La lluvia reaparece en el verano de Galicia: este es el pronóstico de MeteoGalicia para el fin de semana
- La misa y ofrenda floral en honor a Rosalía de Castro congregan a más una treintena de instituciones gallegas
- Dos menores heridas en Muros al saltar desde un puente cuando pasaba un barco por debajo
- Impresionante chalet de ensueño en Santiago de Compostela: a 10 minutos del centro y 30 de la playa, todo un lujo a buen precio
- Esta es la aldea gallega que se encuentra al borde de los acantilados más altos de Europa: en la provincia de A Coruña
- La ola de calor se atenúa en Galicia: el alivio será temporal porque así se prevé el tiempo
- Os premios Alba de Compostela conseguen unir a todos os membros da Corporación local