V Edición de Escola en Camiño
Un percorrido dende os colexios pola historia da ruta xacobea
O prazo de envío de traballos remata o 28 de febreiro de 2026
INSCRIBIRSE PARTICIPARQue é Escola en Camiño?
Escola en Camiño é o proxecto educativo que Faro de Vigo, El Correo Gallego e La Opinión A Coruña (en diante os medios de Prensa Ibérica en Galicia) en colaboración coa Consellería de Educación, Cultura e Universidade, levan a cabo para divulgar entre as xeracións máis novas a dimensión cultural, social, económica y humanística do Camiño de Santiago.
Por que este proxecto?
A educación é o alicerce do futuro. Un futuro no que non se debe perder a identidade propia nin os valores máis universais. E non hai nada máis universal que derrubar muros nin máis identitario que o Camiño de Santiago.
Cuarta edición
Arranca a cuarta andaina de Escola en Camiño. Os traballos poderán enviarse ata o 28 de febreiro de 2026. Os centros interesados en formar parte do proxecto poden consultar as bases e inscribirse aquí.

1. Inscrición
Os centros poden inscribirse en Escola en Camiño a través deste formulario online ou descargando a ficha de inscrición e enviala a través do correo electrónico escolaencamino@prensaiberica.es.
2. Envío traballos
As categorías nas que se poden participar son debuxo, video e relato. A data límite para o envío de traballos será o 28 de febreiro de 2026. O envío dos traballos pode facerse dende este formulario online ou envialos a través do correo electrónico escolaencamino@prensaiberica.es.
3. Entrega de premios
Haberá un premio para o mellor traballo de cada grupo das diferentes categorías. E poderán publicarse no suplemento especial que se publicará ao finalizar o concurso “Escola en Camiño”.



