El Correo Gallego

El Correo Gallego

Directo
Guerra entre Israel y Hamás: sigue el minuto a minuto del conflicto en Oriente Próximo

Concurso de debuxo, literario e audiovisual

  • Cada colexio presentará a concurso tantos traballos relacionados co Camiño de Santiago e o Xacobeo como desexe, e nos formatos desexados.

  • Os traballos poderán enviarse ata o 19 de abril, e deberán axustarse ás limitacións establecidas en cada categoría.

  • Cada traballo que se envíe deberá ir asinado co nome do centro escolar, o titor/a ou docente responsable e a idade dos alumnos que o realice.

  • O xurado valorará a creatividade dos traballos presentados, así como o feito de que estean feitos polo alumnado e non polo profesorado. Así mesmo, valorarase cun criterio de igualdade e obxectividade para todos os centros.

Bases do concurso de DEBUXO

QUEN:

  • Podes participar se tes entre 6 e 18 anos e estás escolarizado na en Galicia.

CANDO: Poderás entregar os teus debuxos ata o 19 de abril.

COMO: Podes facer debuxos en papel ou en formato dixital. Os debuxos dixitais deberás envialos por mail a escolaencamino@prensaiberica.es ou a través deste formulario na web. Os orixinais podes entregalos da seguinte forma:

  • Na sede de El Correo Gallego (Rúa do Restollal, 32 5º - Oficina 502. Santiago de Compostela).

  • Por correo postal ao Apartado de Correos, 91. Vigo. Poñendo no sobre “Escola en Camiño”.

EL CORREO GALLEGO, FARO DE VIGO, e LA OPINIÓN A CORUÑA resérvanse a propiedade dos traballos presentados e o dereito a publicalos integramente ou en parte. Os orixinais non serán devoltos en ningún caso.

A participación faise a nivel individual, ainda que o premio terá carácter colectivo para a clase na que estea escolarizado o alumno.

O xurado

O xurado, que estará composto por cinco persoas independientes que realizarán unha selección de traballos finalistas por franxas de idades segundo as seguintes categorías:

Grupo 1: 1º e 2º de primaria

Grupo 2: 3º e 4º de primaria

Grupo 3: 5º e 6º de primaria

Grupo 4: 1º e 2º de ESO

Grupo 5: 3º e 4º de ESO

Grupo 6: Educación Especial

Os gañadores daranse a coñecer nas páxinas dos 3 diarios de Prensa Ibérica en Galicia (EL CORREO GALLEGO, FARO DE VIGO e LA OPINIÓN A CORUÑA) e entregaranse na Gala de entrega de premios de Escola en Camiño. Será obrigatoria a presenza dunha representación do centro educativo gañador para a recollida do premio. Na entrega de premios poderá proxectarse un resumo dos debuxos.

Os traballos

O tema dos debuxos será o Camiño de Santiago, de formato libre. Nos traballos deberá figurar: O centro escolar, as idades dos participantes e unha persoa que figure como responsable do traballo con nome, apelidos e teléfono de contacto (o profesor ou titor responsable do proxecto). Estes datos non serán utilizados con ningún fin alleo ao concurso. A participación no concurso autoriza expresamente a exhibición dos traballos en calquera dos medios de Prensa Ibérica en Galicia (EL CORREO GALLEGO, FARO DE VIGO e LA OPINIÓN A CORUÑA).

Participar

Inscríbete para participar nesta ligazón.


Bases do concurso de “AUDIOVISUAIS EN CAMIÑO”

OBXECTO:

  • O obxecto da convocatoria é o estímulo entre a mocidade do Camiño de Santiago utilizando as novas tecnoloxías e a creatividade a través de aplicación audiovisuais sobre a temática xa descrita.

  • Os vídeos poderán abarcar diferentes aspectos do Camiño: explicar o Camiño desde o punto de vista do alumnado, paisaxes do Camiño, convencer a alguén para que o percorra, etc.

  • Estas serán elixidas por un xurado entre todas as propostas, que cumpran os requisitos de inscrición e recibidas dentro do prazo marcado.

REQUISITOS DE ACCESO: Poderán participar no concurso o alumnado (en diante “Participantes”) de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato que curse os seus estudos en Galicia a través dos centros educativos nos que se atopen matriculados

PERIODO DE INSCRICIÓN E PARTICIPACIÓN: O período de participación será ata o 19 de abril.

Normas de participación:

  • PRIMEIRO: Cada centro escolar deberá darse de alta na plataforma Inscripción Escola en Camiño seguindo as instrucións visibles no apartado “Rexístrate”. Será necesario que se indique o número de alumnos matriculado na ESO e bacharelato no centro.

  • SEGUNDO: As propostas poderanse presentar a través do apartado “Participa” en Participa en Escola en Camiño seguindo os pasos indicados.

  • TERCEIRO: Cada centro participante poderá presentar tantas propostas como considere.

  • CUARTO: Os centros escolares fanse responsables de recoller a obrigatoria autorización por parte das/os nais/pais ou do/a titor/a legal para a participación do alumnado menor de idade. Quen participe sen esta autorización serán automaticamente descualificados baixo a responsabilidade do centro escolar ao que pertence.

  • QUINTO: As obras audiovisuais presentadas poderán realizarse a través da aplicación TikTok, Instagram ou calquera formato de video breve.

Premios

  • Os mellores vídeos será publicados na páxina web de El Correo Gallego ou na súa canle de TikTok, e publicarase unha ligazón aos mesmos no suplemento especial que se publicará ao finalizar o Proxecto “Escola en Camiño”.

  • Ademais disto haberá un premio para o mellor traballo audiovisual de cada curso,.

  • É imprescindible a asistencia á entrega de premios.

  • Os premios non poderán en ningún caso trocarse polo seu importe en metálico.

Exhibición das obras

  • El Correo Gallego resérvase o dereito de exhibir as obras gañadoras no lugar e nas datas que estime máis oportunas. As obras, así como o seu título, autor/a e centro escolar ao que pertence faranse públicos, para o que o alumnado participante e os seus representantes legais dan o seu consentimento.

Autorización legal

  • O/a representante legal do/a menor ou menores, deberá autorizar a participación do/a menor no concurso, trámite do que o centro escolar faise responsable.

  • Así mesmo, o alumnado participante e os seus representantes legais consenten automaticamente ao participar no presente concurso á utilización, publicación e reprodución sen limitación, por parte da Organización, da obra e a identidade do autor/a en calquera tipo de publicidade, promoción, publicación, incluído Internet ou calquera outro medio da natureza que sexa, con fins informativos sempre que estes relaciónense co presente concurso, sen que dita utilización confíralle dereito de remuneración ou beneficio algún.

Aceptación das bases

  • A participación no Concurso supón a aceptación íntegra das Bases, a expresa renuncia das persoas participantes e os seus representantes legais a realizar impugnación algunha sobre as mesmas e ao exercicio de cualquera outra acción administrativa ou xudicial que puidera corresponderlles.

Cesión de dereitos

  • Ao participar no concurso, a persoa candidata afirma que a súa obra é un traballo orixinal e individual, que ela é a única propietaria do traballo e que ningunha outra persoa ou entidade ten a propiedade, ten copyright ou marca rexistrada da obra presentada, nin ostenta dereito algún de propiedade industrial ou intelectual algún sobre a obra presentada. As persoas participantes eximen de calqueira demanda ou reclamación formulada por parte de terceiras persoas e/ou entidades sobre vulneración de dereito algún de propiedade industrial ou intelectual relacionada coa obra presentada.

  • A participación no concurso implica a cesión a El Correo Gallego dos dereitos de reproducción, distribución, comunicación pública e transformación sobre as obras presentadas, de acordo coa lexislación sobre Propiedade Intelectual.

Participar

Inscríbete para participar nesta ligazón.


Bases do concurso literario “Escola en Camiño”

Participación no concurso:

  • A participación neste concurso está aberta a todos os centros educativos de ensino non-universitario de Galicia. Os participantes deberán cursar entre 5º de Educación Primaria e 2º de Bacharelato.

  • Cada alumno poderá participar tantas veces como queira. A falsidade nalgún dos datos pode supoñer a expulsión do concurso.

Dinámica do concurso:

  • A temática do concurso será o Camiño de Santiago.

  • O formato será libre, podendo presentarse calquera tipo de texto literario: narrativa, poesía, banda deseñada ou teatro.

  • A participación poderá ser individual ou colectiva.

  • Poderán participarse tantos textos como se desexe, a única condición é que o traballo sexa inédito e non fose presentado antes a concurso.

  • A extension máxima dos textos será de 6 folios en tamaño DIN A4.

  • Os textos poderán presentarse en castelán ou galego indistintamente.

  • Os traballos avaliaranse en función da idade dos participantes e haberá un gañador por cada curso comprendido entre 5º de E.P. e 2º BAC.

  • Para concursar é necesario que o responsable de cada centro envíe os relatos do seu alumnado a través do formulario Participar en Escola en Camiño e cumprimente todos os datos

Premios

  • Os mellores traballos literarios será publicados nun suplemento especial que El Correo Gallego editará despois da entrega de premios “Escola en Camiño”.

  • Os premios non son trocables en metálico nin transferibles a terceiras persoas.

  • É imprescindible a asistencia do centro gañador á entrega de premios.

  • O xurado pode declarar deserto algún dos premios en base á calidade dos traballos presentados.

Condicións xerais

  • El Correo Gallego resérvase o dereito para modificar en calquera momento as condicións do presente concurso, mesmo a súa posible anulación antes do prazo prefijado, sempre que concorra causa xusta, comprometéndose a comunicar as novas bases, condicións do concurso ou a anulación definitiva, no seu caso, coa suficiente antelación e publicidade.

  • Participar no concurso "Escola en Camiño" conleva a aceptación de todas e cada unha das condicións sinaladas.

  • El Correo Gallego resérvase o dereito de utilizar os nomes dos/as participantes e dos seus textos en todo o relativo ao desenvolvemento do Proxecto.

Participar

Inscríbete para participar nesta ligazón.



Compartir el artículo