Vimianzo recupera os 1,8 millóns que adiantara para renovar todo o alumeado público

A administración local acadara en 2021 unha subvención do IDAE

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, no centro, presidindo un pleno

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, no centro, presidindo un pleno / CEDIDA

O Concello de Vimianzo recibiu este xoves a devolución dos 1,8 millóns de euros correspondentes ao proxecto integral de renovación do alumeado exterior de todo o municipio. A administración local acadara en 2021 unha subvención do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, e tivo que adiantar os cartos.

“Tivemos que superar multitude de procedementos para que a renovación de máis de 4.000 puntos de luz fose unha realidade. Agora damos carpetazo a un dos proxectos máis importantes para nós; non só en materia de aforro enerxético, senón tamén de seguridade peonil e de tráfico rodado”, afirma a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez.