25X Sector primario: novos
retos en tempos incertos
María Gómez-Franqueira Otero Vicepresidenta do Grupo Coren Un ano máis, estas páxinas de El Correo Gallego invítannos á reflexión sobre a festividade do Día de Galicia e dos retos de futuro da nosa terra. Unha data para celebrar a nosa identidade galega que, neste ano -como parte do Xacobeo 2021-2022-, festexamos novamente acompañados dos milleiros de peregrinos que chegan de todas as partes do mundo para compartir este día especial con nós, que queren descubrir os encantos desta terra bela e hospitalaria, e gozar das nosas fermosas paisaxes, deliciosa gastronomía e xenerosas xentes.
Este 25 de xullo chega despois de dous anos de pandemia, que nos permitiron reflexionar sobre o valor das pequenas cousas e poñer no seu sitio o verdadeiramente importante, pero da que tamén seguimos arrastrando as consecuencias e os seus efectos. O clima de inestabilidade que trouxo a crise sanitaria agudizouse co estalido da Guerra na Ucraína, un conflito que nos levou a un escenario extremadamente complexo a nivel mundial e está a xerar unha fonda preocupación pola evolución da economía.
Nos últimos meses estamos a ver a inflación desbocada –os datos máis recentes sitúana por enriba do 10%- e as previsións apuntan a un descenso de consumo, o que levou a todos os grandes organismos económicos a revisar á baixa as súas previsións de crecemento.
O sector primario tamén está a ser especialmente afectado polos desafíos que plantexa este novo contexto. Certo que temos un grande potencial na nosa terra, óptimas condicións para a produción de alimentos de máxima calidade, un sector á vangarda e dotado coas últimas tecnoloxías, e as novas xeracións máis preparadas da nosa historia.
Non obstante, a suba das materias primas de alimentación animal no último ano e medio (que fixo que cereais como o trigo e o millo duplicasen os prezos) e os custes de electricidade e carburantes en máximos históricos están facendo perigar a viabilidade do sector agroalimentario, poñendo en risco a súa continuidade, xa que moitos produtores están a traballar por debaixo de custos.
É preciso, máis que nunca, garantir uns prezos xustos dos produtos no punto de venda, que permitan a viabilidade de toda a cadea de produción de alimentos. Non podemos depender de terceiros mercados nos que non se produce coas mesmas esixencias de calidade, trazabilidade, benestar animal e respecto ao entorno como se fai aquí. Sen esquecer a importancia de contar cun sector de produción de alimentos propio e de cercanía, que garanta o subministro á poboación, que se demostrou esencial en crises como a do confinamento polo Covid-19.
Non son os mellores tempos pero, a pesar de todos estes desafíos, o noso traballo será, unha vez máis, garantía de futuro. Dende as nosas orixes, en Coren estamos convencidos do potencial que ten o campo galego e, por iso, levamos 60 anos traballando para construír un futuro para as novas xeracións na nosa terra. Estamos orgullosos de todo o que levamos conseguido, un grupo do que hoxe forman parte máis de 7.000 familias, a maior cooperativa agroalimentaria cárnica de España. Sobre os nosos valores de benestar animal, respecto ao medio ambiente, calidade, trazabilidade e I+D, hoxe estamos preparados e dimensionados para competir nun mercado globalizado e que, de feito, xa leva o nome de Galicia a máis de 55 países de todo o mundo. Sobre estas premisas seguimos traballando, sempre coa firme defensa duns prezos xustos para os nosos produtores, e co fin de levar a mellor calidade á mesa dos nosos consumidores.
O futuro pasa polo compromiso de cada un de nós por acadar unha Galicia mellor e máis próspera. Pero este día tamén debe servir para reflexionar sobre o camiño que queremos andar nos próximos anos. Porque aquí tamén temos que facer camiño.
Feliz Día de Galicia!
retos en tempos incertos
Un ano máis, estas páxinas de El Correo Gallego invítannos á reflexión sobre a festividade do Día de Galicia e dos retos de futuro da nosa terra. Unha data para celebrar a nosa identidade galega que, neste ano -como parte do Xacobeo 2021-2022-, festexamos novamente acompañados dos milleiros de peregrinos que chegan de todas as partes do mundo para compartir este día especial con nós, que queren descubrir os encantos desta terra bela e hospitalaria, e gozar das nosas fermosas paisaxes, deliciosa gastronomía e xenerosas xentes.