A rúa do Pedregal xa ten un circuíto de ocio para patíns

Deportes
M.M.
Juan Calvo, pola esquerda, con Susana Señorís e o alcalde Blas García no circuíto. Foto: CA

A Maía. As obras da pista de pump track (traducido, é unha vía de bombeo para patíns) situado na rúa do Pedregal remataron, despois de que a concellaría de Deportes amesá adxudicara a súa construción a finais de setembro, cun investimento de 48.077,03 euros.

O alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Deportes, Susana Señorís, e o encargado da brigada de Obras, Juan Calvo, visitaron as instalacións, xa están abertas para que a veciñanza practique coas súas bicicletas, monopatíns, patíns e tamén patinetes.

Trátase dun circuíto con múltiples saltos e peraltes. Grazas á inercia xerada e á propia habilidade das persoas usuarias, o deseño da pista permite realizar o percorrido sen practicamente dar pedais ou impulsos nas bicicletas, patíns ou monopatíns. A construción das instalacións, adxudicada a Aral Management SL, incluíu pavimentación, saneamento e alumeado deste espazo de ocio amesán. M. M.