Días Europeos da Artesanía

Artesanía de Galicia
José M. Ramos
Lucita Figueroa, palilleira muxiana, amosando o seu arte cos bolillos no Centro Ágora da Coruña. Foto: E. L.

Galicia presume de artesáns e dos seus oficios tradicionais con motivo do Días Europeos da Artesanía. No Centro Ágora, daCoruña, esta fin de semana estase a celebrar o encontro Oficios en Acción no que participan artesáns de diversas especialidades de toda Galicia. Entre eles está a palilleira muxiana Lucita Figueroa, quen está a amosar ao público asistente os diferentes procesos da arte do encaixe, e sorprendendo aos visitantes co seu bo facer cos palillos. Asemade, a Xunta de Galicia levou ata Granada o Proxecto Enredadas. Alí, a redeira Rosa Rodríguez, de Corme participa nun taller demostrativo sobre a elaboración de nós mariñeiros. E na Fundación Eduardo Pondal, de Ponteceso, impartiuse este sábado un taller creativo a cargo de Leonor Díaz.