Pasión polos petróglifos descubertos en Vimianzo

Patrimonio
Manuel Lavandeira
Ruta nocturna polos petróglifos de Somontemnio e Prado da Cruz. Foto: Concello de Vimianzo

O Concello de Vimianzo viviu na fin de semana unha xornada do máis especial coa ruta nocturna polos Petróglifos de Somontemio, Prado da Cruz e na que tamén se puido contemplar a Cruz do Loureiro. Tratouse dunha andaina circular de 4,4 quilómetros de lonxitude e na que participaron unhas 50 persoas. A explicación correu a cargo de David Roget e do Colectivo A Rula. A andaina estaba incluída na Ruta dos Segredos do Val de Vimianzo. Ante o éxito recadado, o Concello estudará a posibilidade de repetir esta experiencia nun futuro.