Recepción a Gabriel Castiñeira, campión galego de Duatlón Cros, en Vimianzo

Deportes
Manuel Lavandeira
Gabriel Castiñeira Pais, terceiro pola dereita, cunha réplica do castelo que lle foi entregada pola alcaldesa. Foto: Concello de vimianzo

O atleta vimiancés Gabriel Castiñeira Pais, recentemente proclamado campión galego de Duatlón Cros no III Duatlón das Letras de Baio, celebrado o pasado 17 de maio, foi obxecto dunha recepción oficial no Concello de Vimianzo, a cal estivo presidida pola alcaldesa, Mónica Rodríguez. No acto participaron tamén o concelleiro de Deportes, Mario Andújar; a concelleira de Benestar Social, María José Pose; o técnico municipal de Deportes, Víctor Santos, e membros do Club Triatlón Costa da Morte, ao que pertence Gabriel, e que se proclamou igualmente vencedor do campionato galego de clubs.