Recepción ás deportistas ceenses Paty Túñez e Laura Montero

Deportes
Jose Manuel Ramos
De esquerda a dereita, Juanma Buiturón, Paty Túñez, Laura Montero e Margarita Lamela. Foto: Concello de Cee

A alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, e o concelleiro de Cultura e Deportes, Juanma Buiturón, ofreceron unha recepción oficial ás deportistas ceenses Paty Túñez Lema, campiona galega de Light Contact-60, Kick Light-60 e de Ring Sport na modalidade low kick-65; e a Laura Montero Romero, subcampiona galega de Light Contact-65 e de Kick Light-65.

O acto tivo lugar no salón de plenos da casa consistorial, e tanto a rexedora como o concelleiro fecilitaron ás xoves polos éxitos acadados e animáronas a seguir competindo. Ademais, entregaronlles unha réplica cerámica do instituto Fernando Blanco.