Recepción en Vimianzo ao atleta local Gabriel Castiñeira e ao Club Triatlón Costa da Morte

Deportes
Jose Manuel Ramos
Mónica Rodríguez, David Calzas, presidente del Club Triatlón Costa da Morte, y Víctor Santos, técnico de Deportes. Foto: C. V.

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e o concelleiro de Deportes, Mario Andújar, ofreceron unha recepción institucional a Gabriel Castiñeira Pais, campión galego de Duatlón, e ao Club Triatlón Costa da Morte con motivo dos recentes éxitos acadados no Campionato Galego de Duatlón Cros celebrado o 25 de abril no municipio vimiancés.

Felicitaron de maneira persoal aos deportistas “polos éxitos colleitados e o seu esforzo e adicación nun ano moi complicado tamén para o deporte”, sinalaron, e fixeronlles entrega dun obsequio co motivo do castelo de Vimianzo, con deseño propio e feito a man por persoas con diversidade funcionall no obradoiro de cerámica Kerámicos, que pertence á Asociación Pro Enfermos Mentais APEM. O proceso artístico garante a exclusividade e a calidade da peza adquirida.