Recepción en Vimianzo aos alevíns campións provinciais de fútbol sala

Deportes
Manuel Lavandeira
A alcaldesa e o concelleiro de Deportes cos xoves deportistas no salón de plenos de Vimianzo. Foto: C. V.

O Concello de Vimianzo acolleu este venres unha recepción oficial no salón de plenos ás 19.00 horas ao equipo alevín de fútbol sala, que vén de proclamarse campión da Liga da Costa, ademais de campión da provincia. Está conformado por Brais Freire, Daniel Vieites, Gael Alonso, Pablo Martínez, Mateo Sar, Aladji Doudou, Xabier López, Xoel Esperante e Borja Pérez.

Acompañaron ós pequenos a alcaldesa, Mónica Rodríguez, e o concelleiro de Deportes, Mario Andújar, quenes agradeceron “o esforzo” a todo o equipo e lles manifestaron “o orgullo de levar o nome de Vimianzo por toda a provincia.”