Sesenta rapaces participaron nunha nova edición do DeporCampus de Cee

Outros vinte nenos e nenas desfrutaron no campus de fútbol sala
Deportes
Manuel Lavandeira
Nenos e nenas de Cee participantes no campus de fútbol sala. Foto: Manuel Calo

Uns sesenta rapaces e rapazas de 6 a 14 anos de Cee e a súa comarca desfrutaron da práctica do fútbol no quinto DeporCampus nas instalacións do estadio municipal de fútbol San Paio de Refoxos, da man dos técnicos do RC Deportivo da Coruña.

O campus foi organizado pola Fundación do RC Deportivo e contou coa colaboración do club local, a SRD Unión Club Cee, e do propio concello.

Este sábado, 2 de xullo, tamén rematará o quinto campus de fútbol sala F.S.F. Villa de Cee, no que participaron vinte nenos e nenas de 6 a 13 anos. Nesta última xornada desfrutarán dunha película nos Cines Xunqueira do Centro Comercial Finis Terrae.