Zas xuntará catrocentos deportistas no Campionato Galego de Tenis de Mesa

Disputarase o sábado no pavillón municipal a partir das 9.30 horas
Deportes
Manuel Lavandeira
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, no centro cos asistentes ao acto de presentación do campionato. Foto: Concello de Zas

O pavillón municipal de Zas será esta fin de semana o punto de referencia paraos 400 xogadores e xogadoras que participan no Campionato Galego de Tenis de Mesa, organizado polo equipo local AD Tenis de Mesa coa colaboración do Concello

O sábado, entre as 09.30 e as 20.00 horas, xogarán as categorías infantil e pre-benxamín, mentres que o domingo no mesmo horario será a quenda das categorías alevín, sub 23 e de xogadores con diversidade funcional.

No acto de presentación participaron o alcalde de Zas, Manuel Muíño; o presidente da Federación GalegaTenis de Mesa, José Luis Cabaleiro; e os membros da AD ZAS Tenis de Mesa, Esteban Lema e Miguel Rey. . “É un campionato no que se baten marcas de participación xa que cada un dos días contaremos cuns 200 deportistas” que chegan dende diversos puntos de toda a comunidade, afirmou o presidente da Federación Galega de Tenis de Mesa, JoséLuis Cabaleiros.

Tamén destacou o incremento de 4 - que eran os habituais - a 16 participantes na categoría de xogadores e xogadoras con discapacidade, algo que se conseguíu, en parte, grazas ás diferentes concentracións organizadas polo ente galego en colaboración co seleccionador galego de tenis de mesa, que o veciño de Zas Miguel Rey.

Cabaleiro agradeceu a dispoisición do Concello de Zas e de Esteban Lema por organizar “esta festa do deporte galego”.O rexedor, Manuel Muíño; deulle as grazas por “escoller o Concello de Zas” para a organización deste evento e tamén aproveitou a ocasión para rendirlle unha pequena homenaxe a Esteban Lema que o definiu como “unha das figuras máis importantes do deporte escolar e como un dos pioneiros do tenis de mesa no noso municipio e en toda a comarca”.

Pola súa banda, Esteban Lema, representante do AD Tenis de Mesa de Zas, agradeceu o apoio do Concello de Zas e prometeu que continuará coa súa teima de “fomentar o deporte”.