Remata en Boiro o curso de hotelería, hostalería, alimentación e almacén

Formación
Suso Souto
pezas cárnicas. Alumnas do PIE no módulo de elaboración de pezas cárnicas. Foto: C.B.

BOIRO. As participantes no Programa Integrado de Emprego (PIE) do Concello de Boiro remataron a formación da rama profesional de hotelería, hostalería, alimentación e almacén. Ademais, realizáronse talleres de estudos de viabilidade e plans de empresa para acercar o emprendemento ás participantes no programa. A formación dirixida neste eido empresarial constou de 425 horas, nas que se impartiron cursos de xestión de almacén, carretilla elevadora, limpeza e recepción de aloxamentos turísticos, cociña, elaboración de pezas cárnicas, operacións de caixa e atención ao público. Estas actividades pertencen ao Catálogo de Especialidades do Servizo Público de Emprego, desenvoltas no marco do Sistema de Formación Profesional para o emprego no ámbito laboral. O PIE de Boiro está dirixido exclusivamente a mulleres. s. souto