Clases de zumba, ioga, pilates e ximnasia para os veciños malpicáns

Deportes
C.E.
Casa consistorial de Malpica de Bergantiños.

Malpica. O Concello de Malpica vén de publicar a oferta de actividades das escolas deportivas municipais para adultos para o curso 2022-2023, con iniciativas para todas as idades.

Cada unha das opcións ten un custe de 10,85 euros por persoa e impartirase en distintas quendas e diferentes ubicacións. As clases de zumba, ioga, pilates e ximnasia terapéutica impartiranse tanto en Malpica coma en Buño.

Segundo indicaron dende o departamento de Deportes de Malpica, todas as persoas interesadas poden solicitar máis información ou reservar praza no citado departamento ou ben chamando ao 981 72 00 01 en horario de mañá, de 9.00 a 14.00 horas.

Asemade, dende Deportes informan que o número máximo de participantes en cada escola deportiva será determinado polo protocolo específico, ao mesmo tempo que se non se chega ao mínimo establecido terán que ser suspendidas ou substituídas por outras actividades. c. e.