Critican o uso de maquinaria na limpeza de Montesclaros

Patrimonio
Manuel Lavandeira
Labores de escavación no castro de Montesclaros, na Laracha. Foto: Concello da Laracha

A Laracha. O portavoz do BNG da Laracha, Xoán Sande, denuncia que nos traballos que se están a realizar no castro de Montesclaros “parece ser que se utilizou un tractor cun rolo de desfacer cepas para a limpeza da croa, unha práctica que pode erosionar e rascar as pedras e danar os posibles petróglifos que poidera haber”.

Por iso, pedirá no vindeiro pleno que “nunca máis se volva a utilizar maquinaria pesada” na limpeza do castro ou doutros elementos patrimonais” e que “se tapen os restos que foron escavados para evitar o seu deterioro ou posible saqueo”. Solicitará tamén que se informe “dos restos de valor que foron atopados durante a escavación e o lugar onde se atopan depositados”. M. l.