Impulsan os traballos para afondar no estudo da Croa do Castro

Patrimonio autorizou o uso dun gradiómetro e Concello exporá ao público os resultados
Patrimonio
Manuel Lavandeira
Ámbito da prospección xeofísica proposta para este ano na Croa do Castro. Foto: Concello de Malpica

Malpica. O Concello de Malpica vén de recibir a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia para “pasar o gradiómetro na Croa do Castro de Cerqueda”, informan fontes municipais.

A primeira acción a executar será un desbroce mecánico con control arqueolóxico para que a superficie do castro permita desenvolver a prospección con maior comodidade.

Segundo o arqueólogo Carlos Otero Vilariño, “se no fora pola chuvia caída durante esta semana, xa se poderían ter realizados os labores técnicos de campo estes días”. Durante o pase do gradiómetro, o técnico contará coa colaboración da poboación local e membros do Instituto de Ciencias del Patrimonio (Incipit), respectando sempre as medidas preventivas ante a pandemia da covid-19.

Tralo traballo de campo e a montaxe das imaxes de profundidade obtida, o Concello de Malpica ten previsto expor ao público os resultados.

O xacemento da Croa do Castro está ubicado na parroquia de Cerqueda. Trátase dun asentamento castrexo, que ten forma ovalada e está rodeado na súa totalidade por un parapeto defensivo. Atópase nun outeiro, dende o que dominaba o val e as terras de labranzas da contorna da localidade malpicana. M. L.