Informan aos hostaleiros de Carballo sobre todas as medidas impulsadas

COVID-19
Manuel Lavandeira
Xuntanza de representantes do sector da hostalaría de Carballo con membros do BNG. Foto: BNG

Bergantiños. A xunta directiva da Asociación de Hostalería de Carballo ao completo e un representante do ocio nocturno participaron nunha xuntanza con representantes do BNG no Concello, da Deputación da Coruña e do Parlamento de Galicia, para coñecer as medidas impulsadas polo grupo nacionalista dende as distintas administracións para apoiar a un dos sectores económicos máis castigados pola Covid-19. O alcalde carballés, Evencio Ferrero, fixo unha exposición pormenorizada da xuntanza que mantivo este xoves co conselleiro de Sanidade, e o vicepresidente da Deputación coruñesa, Xosé Regueira, pediu “que non se criminalice ao sector” polas condutas illadas duns poucos e amosou a súa esperanza de que finalmente non se peche por completo a hostalería, “fundamentalmente porque non hai datos que o xustifiquen”. M. LAVANDEIRA